Menu
Partido X.

Que é

Rede Cidadá Partido X, o Partido do Futuro

O X é unha incógnita. Representa a quen cambie completamente a idea de «partido» para stablecer unha democracia verdadeira.
Ningún partido o vai a facer? Entón o X representa aos cidadáns, a Rede Cidadá que os botará dos seus asentos.

É a Rede Cidadá que gaña porque aplica o programa que permite instaurar unha verdadeira democracia coa que a xente poida defender os seus intereses.

A Rede Cidadá Partido X entra no parlamento, abre as súas portas e devolve directamente o poder soberano ás persoas a través do cumprimento de todos os puntos do seu programa: a Democracia e Punto.

Desde entón, calquera persoa ten a posibilidade de mellorar e votar directamente as leis que lle afectan ou de propolas mediante Iniciativas Lexislativas Populares, e referendos vinculantes.

As leis elabóranse en internet ou en espazos habilitados permanentemente en institucións públicas (oficinas de correo, concellos…) á vista de todos, e todo o mundo pode colaborar sen necesidade de ser unha corporación multinacional, como levan facendo en Porto Alegre desde o afastado 2003 ou en Islandia coa recente Wikiconstitución (2011).

Así pois, a elite política tal e como era coñecida no antigo réxime desaparece, sendo substituída por uns empregados-públicos-electos que recompilan e executan da forma máis eficaz posible as solucións creadas polo saber experto da sociedade.

No futuro vainos francamente ben. A vida vale a pena porque, a verdade, vívese moi a gusto: trabállase o xusto e ben, porque eliminamos gastos superfluos e innecesarios como os de manter aos patolóxicamente ricos, temos casa, os nosos futuros cidadáns reciben unha formación moderna e adecuada e son sans. Ao eliminar estas preocupacións que lastraron o avance das xeracións pasadas, os nosos cidadáns dedícanse a emprender e exercer as súas habilidades e intereses de forma colaborativa xerando avances sustentables que non fan senón aumentar o benestar xeral de forma imparable.

O Futuro chegou e non está nada mal.

Porque non hai mellor futuro que un bo presente.

A ideoloxía do Partido X é a lóxica.

O seu programa só contén un punto: como o mesmo nome indica o punto é Democracia e Punto (Poder Lexislativo Cidadán, Wikilegislación / Goberno con control cidadán, Wikigobierno; Referendos obrigatorios e vinculantes; Dereito a voto real e permanente e Transparencia nas institucións públicas).

Cando se consiga Democracia e Punto, todas as demais medidas se implementan a través do seu catro mecanismos conseguindo que sexan beneficiosas para toda a sociedade.